Actividades trimestrais

30 de Xullo do 2010 Sen Comentarios »

Programación xullo-setembro:
programación

AUDICIÓNS VERÁN

22 de Xullo do 2010 Sen Comentarios »

Foto blog O sábado 24 xullo ás 12:30, terá lugar “IV Encontro Entreculturas”. Participan a Asociación de Amigos de Venezuela e Erica Iglesias Neira. Máis información: audicions 2010

Especial Noite de San Xoán 2010

18 de Xuño do 2010 Sen Comentarios »

queimada. A tarde do 23 de xuño, celebrarase no Museo a “Noite de S. Xoán”
Tras o percorrido guiado polo Museo, o CLUBE DE POESÍA BRÉTEMA ofrecerá un recital poético, a partir das 19, 00 h.
• Ás 20 h. comezará “Auga e Lume”: no que recordaremos a ritualidade desta data baseada nos elementos naturais auga, lume, e a tradición das herbas que se recollen esa noite. Podedes participar cos vosos coñecementos, e a aportación de herbas para facer o “cacho”.
• A festa rematará cunha solemne queimada, oficiada polo Mestre Queimador Mariano Marcos A. “Caballero de la Orden Serenísima de la Alquitara”.

NOTA: Mariano Marcos Ábalo é o autor do “Conxuro da Queimada”, así como artista autodidacta destacando como tallista, deseñador de escudos heráldicos e debuxos humorísticos.

PROGRAMACIÓN VERÁN

8 de Xuño do 2010 Sen Comentarios »

Actividades especiais
Actividades adultos
Actividades nenos
ACTIVIDADES VERAN

ACTIVIDADES ESPECIAIS

14 de Maio do 2010 Sen Comentarios »

Para conmemorar o Dia das Letras Galegas, o Dia Internacional dos Museos, sen esquecernos da festividade dos “Maios”, o Museo ten preparadas unhas actividades especiais. Estan detalladas no enlace que segue:
ACTIVIDADES ESPECIAIS MUSEO LISTE VIGO

ENTRADA GRATUÍTA DURANTE O MES DE MAIO.

8 de Maio do 2010 Sen Comentarios »

A entrada á exposición permanente do Museo, e ás actividades programadas, é gratuíta durante o mes de Maio.

Para as actividades de grupos é necesaria previa solicitude (mínimo quince persoas):

Talleres que se poden solicitar:

-1) Cubrindo a Cabeza

-2) Nos pés

Monitor: Rafael González Goyanes

Duración: Teñen unha duración aproximada dunha hora cada taller.

Sala : “O Devir das Estacións”. Planta baixa.

Para solicitudes: 986-244698/ recepcion@museoliste.es Contacto: Sonia. A información sobre os talleres podedes atopala na programación trimestral.

Programación trimestral

15 de Abril do 2010 Sen Comentarios »

Actividades do Museo : abril-xuño
programación 2º trimestre

Exposición homenaxe a Oseira

15 de Abril do 2010 Sen Comentarios »

Ata o vindeiro mes de xullo, permanece aberta na sala de temporais do Museo a exposición “A Fervenza Remansada”.

Trátase dunha selección de 50 obxectos que se moven entre a rareza do cotián, o carácter persoal, ou pequenas ferramentas xurdidas das máis diversas industrias, testemuñas dun tempo e sobreviventes da inevitable innovación tecnolóxica. Chegadas dende o Museo Liste de Oseira queren ser, pola nosa parte, un recoñecemento, unha homenaxe, ben merecida, á colección etnográfica máis importantes de Galicia e ao primeiro museo galego desta temática.

Todas son froito dunha recollida sistemática dirixida a irmandar nun conxunto sorpresivo aqueles obxectos dispares na súa función, pero comúns na súa singularidade. A agricultura, a gandería, a hostalaría, a costura, a escritura, están aquí representadas.

Son pezas que nos falan do enxeño nacido das necesidades do día a día, obxectos saídos das mans de artesáns locais ou das dos seus propios donos; mergúllannos na puxante industria de finais do século XIX e primeira metade do XX. Pezas únicas, como as tenaces para apañar a flor do toxo; pezas industriais e seriadas como a máquina de coser sombreiros, a tenaz para facer ollais, etc. Pezas humildes como o podón de manicho ou as que nos falan de mesas ben ataviadas con vaixelas e cuberterías completas como a tenaz auxiliar para agarrar o zanco ao trinchar o polo.
vista xeral da exposición

Premio Chamoso Lamas a Olimpio Liste

5 de Decembro do 2009 Sen Comentarios »

O vindeiro 19 de decembro faraselle entrega ao Presidente da nosa Fundación, Olimpio Liste Regueiro, do Premio Chamoso Lamas pola súa labor de recuperación etnográfica.

Actividades outono 2009

9 de Outubro do 2009 Sen Comentarios »

Nova programación trimestral
programación outubro-decembro09